AÑORANZAS” nace no barrio ferrolán de Esteiro, no marzal do ano 1944, fundada por Juanito Yáñez, coa música e dirección artística de D. José Mallo, e as letras de D. Francisco Sarachaga.

O propósito da súa fundación foi continuar a tradición de roldar a muller ferrolá na “Noite das Pepitas”.

Tras unha paréntese na súa actividade, abrolla de novo no ano 1952. Conta a agrupación nesta segunda presentación con 86 compoñentes, a mais numerosa lembrada no Ferrol.

Na Noite das Pepitas do ano 1962, sae de rolda nas rúas, coo nome de “ARMONIA DE AÑORANZAS DE ESTEIRO”.

En xaneiro do ano 1983, antigos compoñentes encabezados por Reyes Yáñez, sobriño do fundador, ante o abandono que sofre a canción ferrolá en xeral e, en particular a Noite das Pepitas, deciden continuar a actividade da vella rondalla.

Co o nome de AÑORANZAS, preséntanse na Noite das Pepitas, baixo a dirección musical de Juan Hernández, con o pasaruas “Rondadores”; a danza “Rosa de Abril” e o valse “Madrigalesca”.

Ante a aceptación do público deciden continuar, co o propósito de fomentar a canción ferrolá, rescatando do esquecemento vellas partituras, algunhas delas do século XIX, e así ata hoxe.

Participando coa edición do ano 2024, xa en 42 edicións consecutivas, na Noite das Pepitas, o que supón unha marca na historia de esta celebración.

A Rondalla AÑORANZAS segue a divulgar a canción ferrolá por Galicia e Asturias. Participou en programas de televisión (TVG, TVE en Galicia), FITUR2008, actuacións coa a Banda da Casa Real, así como a actuación pra a reinauguración do Teatro Jofre, coa presencia das S.S.M.M. os Reis de España.

A Rondalla AÑORANZAS participa de xeito muy activo nos eventos patrocinados po lo Concello de Ferrol no programa “Ferrol a Escea” e tamén nos programas da a Diputación da Coruña.

Todo isto,cun único propósito: Que non desapareza unha parte do noso patrimonio cultural , como e a chamada “canción ferrolá”.

Na actualidade está presidida por D. Ricardo González Sedes, e o Director Musical e D. Pascual Montesinos Orts.



Rondalla AÑORANZAS

  • Madrina: María José Pena Orjales
  • Presidente: D. Ricardo González Sedes
  • Presidente de honor: D. Alfonso Ramón López
  • Director: D. Pascual Montesinos Orts
  • Componentes: 36
  • Contacto: ricardogonzalezsedes@hotmail.com