Creada a finais do ano 2022, a Rondalla O Son do Mar é unha das máis xoves das rondallas ferrolanas e fai a sua presentación en público o día 10 de marzo de 2023.

O son do mar é unha agrupación vocal-instrumental, do tipo das rondallas ferrolanas con voces mixtas, de mulleres e homes, e instrumentos de corda, guitarras, bandurrias e laudes, mais percusión. Na sua curta traxectoria ten realizado 19 concertos e na actualidade dispón dun repertorio de 14 obras que amosan as diferentes liñas interpretativas desta agrupación (pezas instrumentais, para voces solistas e armonías corais)

Interpretan música ferrolana, boleros, tangos, música galega e tamén música moderna, toda ela baixo o denominador común das cancións románticas.

Nun concerto de hora e media pódense atopar temas de Luz Casal, Maná, Luis Emilio Batallán, Os Panchos, Carlos Gardel, Pacho Galán, Antón Seoane ou creacións propias do propio director da Rondalla: Juan Manuel Brage Rabina.



Rondalla O SON DO MAR

  • Madriña: Carmen López-Dafonte Sanjuan
  • Presidenta: Ana Maria Pereiro Robles
  • Director: Juan Manuel Brage Rabina
  • Compoñentes: 35
  • Contacto: rondallaosondomar@gmail.com